A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de
publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no
fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de
texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación
primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros
docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
O prazo de solicitude empeza mañá 20 de maio e remata o 19 de xuño de
2020.
Poden solicitala:
·
en liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte
enlace: Solicitude electrónica (É
preciso dispor de certificado dixital o «Chave 365».
·
presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:30
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire